Cociña Galega de Autora
aderezada con moito ♡
En Casa Teresa Café Restaurante, en As Pontes (Coruña), botamos man dos mellores produtos locais e da terra. Cunha base de cociña tradicional, un toque de ciencia e inspiración (e mimo) damos forma as viandas de cada día. Para que quedes como un Pepe!
Tere – Chef de Casa Teresa
Nova Cociña Tradicional
Casa Teresa Café Restaurante, ofrece a idea de nova cociña tradicional. Eliximos os mellores produtos dos nosos mercados coas premisas de variedade e equilibrio para cociñar con agarimo e paixón. Atoparás unha carta completa e con fundamento, dende o mellor caldo galego ou empanada da terra, ata un delicioso polbo a plancha con grelos. Saborea e disfruta da nosa cociña!
O que din de nos:
Visita virtual 360º do restaurante
Atoparás o restaurante na rúa principal, Avenida de Galicia nº40 (localízanos en Google Maps). Aparcadoiro fácil e gratuíto na mesma rúa ou moi preto. O restaurante ten capacidade para 80 comensais e un comedor diáfano, luminoso e acolledor. Visítanos!
Se tes dificultades para ver correctamente a visita virtual fai clic aquí: Ver en Google Maps
CAFETERÍA
de Luns a Venres ás 8:00 a.m
Sábados e Domingos ás 9:30 a.m
COCIÑA
para XANTAR:
de 13:00 – 15:30 h. de Luns a Domingo
para CEAR:
de 20:30 – 23:30 h. Venres e Sábados
Descansamos o domingo á tarde/noite
Coordenadas GPS, As Pontes (A Coruña):
Lat. 43º 26′ 51.23″ N, Long. 7º 51′ 13.88″ W
Ver la localización en Google Maps